CRTVG

Buscar

Marea Galeguista reformará a lei de Igualdade para facela máis efectiva

Publicado o 01/07/2020 08:21

Por segunda xornada consecutiva, a Marea Galeguista elixiu Vigo como escenario do seu acto central da xornada. Os cabezas de cartel na provincia de Pontevedra adiantáronse un día á celebración do orgullo para facer unha reivindicación con este motivo.

Peque González asegurou que na próxima lexislatura, a Marea Galeguista reformará a lei de Igualdade para facela máis efectiva. Pola súa banda, o número 2 por Pontevedra da coalición, Andrés Núñez, incidiu en que queda moito camiño por percorrer nesta materia.

A Marea celebrará este domingo en Pontevedra un acto para conmemorar o aniversario do estatuto de autonomía de 1936.

Noticias web

01/07/2020