Marea Galeguista pide que non se faga negocio coa vida dos anciáns
Publicado o 02/07/2020 15:08
A Marea Galeguista reuniuse esta mañá con familiares de anciáns que viven en residencias. O seu candidato, Pancho Casal, esixiu que os xeriátricos privados deixen de ser un negocio.
Ante a residencia DomusVi, en Cangas, intervida pola Xunta tras se detectar alí un dos peores focos de coronavirus que houbo en Galicia, Pancho Casal afirmou que é necesario investigar en profundidade o sucedido nos centros de maiores privados que hai en Galicia.