CRTVG

Buscar

Marea Galeguista destinará parte dos fondos europeos da reconstrución á redinamización dos portos

Publicado o 06/07/2020 15:02

A Marea Galeguista reuniuse esta mañá en Vigo con membros do comité do Porto da cidade que lle trasladaron a súa preocupación pola caída do emprego e polo exceso de superficie destinada ao almacenamento permanente.

Foi a segunda visita a Vigo no que levamos de campaña do candidato da Marea Galeguista á presidencia da Xunta. Pancho Casal avogou hoxe por aproveitar parte dos fondos europeos pactados para compensar o impacto do coronavirus na redinamización dos portos galegos.  

Noticias web

06/07/2020