Técnicos do Concello de Vigo non atopan sinais de novos desprendementos en Balaídos
Publicado o 11/03/2019 18:23

Twitter: @david4lema
Un total de sete técnicos inspeccionaron esta tarde a bancada de Marcador do estadio de Balaídos en busca de evidencias para determinar a orixe dunha imaxe publicada nas redes sociais que indicaba que produciron novos desprendementos neste recinto deportivo. Tras unha inspección visual,los técnicos non encontraron "inicialmente" ningunha correlación entre o material da imaxe publicada e os existentes na parte estrutural da bancada de Marcador, sinalou o goberno local nun comunicado. Os técnicos aseguran que o material desa imaxe non se corresponde co empregado nas reparacións efectuadas recentemente.
O Concello de Vigo enviou este luns técnicos ao estadio municipal de Balaídos para revisar o estado da grada de Marcador tras novos desprendemeentos de cascotes durante o partido disputado este domingo entre o Celta e o Betis. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que non teñen constancia de que ningunha persoa resultara ferida ou alcanzada por cascallos.
En Marea
O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, volveu solicitar este luns o peche preventivo da bancada de Marcador do estadio de Balaídos tras novos desprendementos de cascotes denunciados por afeccionados durante o partido do Celta contra o Betis. Nun comunicado, Rubén Pérez lembra que hai tres meses houbo unha denuncia semellante de afeccionados e do propio Celta e solicitou entón o peche desta bancada, pero o Goberno local indicou que un informe técnico descartaba un eventual perigo e non aplicou "ningún tipo de medida correctora". Para o portavoz de Marea, a bancada de Marcador debería estar pechado e os afeccionados que acoden a esa zona deberían ser redistribuídos noutros lugares do estadio que "sexan seguros". En opinión de Pérez, o Goberno local "non é rigoroso" en materia de seguridade e a súa actitude supón "un despropósito".