CRTVG

Buscar

Marea Atlántica deixa fóra das listas na Coruña a Rocío Fraga, edil de Igualdade e Seguridade Cidadá

Publicado o 02/02/2019 20:39

No eido municipal, a lista da Marea Atlántica deixará fóra a Rocío Fraga, actual edil de Igualdade e Seguridade Cidadá na Coruña. Rocío é a cuarta concelleira do goberno de Xulio Ferreiro que non optará á reelección en maio. Lembren que tamén anunciaron que non concorrerán na candidatura os concelleiros de Cultura, de Facenda e de Mobilidade. O alcalde da Coruña negou calquera inxerencia na decisión dos edís. Mañá coñeceranse os nome das persoas que integrarán a lista da Marea Atlántica para a alcaldía coruñesa.


 

Noticias web

02/02/2019