CRTVG

Buscar

Marcos Rivas: "Ser avogado novo supón moitos retos"

Publicado o 13/06/2018 10:27

Marcos Rivas, presidente da Asociación de Avogados Novos da Coruña, visitou o Bos Días para falar do vixésimo congreso que se celebra este ano.

"Ser avogado novo supón retos porque moitos comezamos na profesión individualmente. Algúns comezan en despachos colaborando con avogados consagrados, pero nos primeiros anos é difícil poñerse no mercado".

"Ao saíren da facultade os alumnos deben facer un mestrado de 18 meses e prácticas nun despacho. Unha vez rematado fan un exame de ingreso á avogacía. Despois moitos son recuperados neses despachos nos que fixeron prácticas e algúns anímanse pola súa propia conta a traballar".

"No congreso deste ano tratamos temas como a transformación dixital dos despachos, a aprobación do ordenamento do 25 de maio".

"Un avogado novo entra na agrupación unha vez teña o exame de ingreso á avogacía aprobado e estea colexiado como exercente nun colexio profesional de avogacía".

En Galicia

"Hai tres agrupacións na provincia da Coruña, dúas na provincia de Pontevedra, unha en Ourense e unha en Lugo".

"Os que están máis cara ao interior de Galicia pásano un pouquiño máis difícil laboralmente e os que están máis cara ao corredor atlántico téñeno máis viable".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018