CRTVG

Buscar

"Todo ten un punto e final", a advertencia do presunto parricida de Oza-Cesuras

Publicado o 25/09/2018 21:22

Nova sesión do xuízo que se segue contra Marcos Mirás, o home acusado de matar o seu fillo de once anos cunha pa. Supostamente para danar a súa ex-muller. Foi unha sesión en que se escoitaron testemuños de familiares e persoas que os viron o día dos feitos.

Nesta segunda xornada prestou declaración a propietaria da cafetería á que adoitaba ir o acusado co seu fillo. Contou que aquel 7 de maio estivo no seu negocio ata en tres ocasións. Nunha delas co pequeno, tal como recolle esta cámara  no interior do establecemento no que ambos permanecen durante un b´´o rato. A última vez, Marcos Mirás xa acudiu só.

Tamén declarou o seu ex-cuñado, tio do pequeno, quen divulgou varias mensaxes que o acusado lle enviara 13 dias antes de acontecer os feitos. Contou que de cando en vez miraba o perfil dunha rede social de Mirás e que alí atopou un texto rechamante.

Declararon tamén os empregados do hostal en que Marcos Mirás se hospedou o día do asasinato. Comentaron que non apreciaran nada raro nel, simplemente que lle tremía o pulso. O xuízo segue mañá coa declaración doutras testemuñas

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2018