CRTVG

Buscar

Marcos de Quinto deixa Ciudadanos por desacordo co apoio á prórroga

Publicado o 19/05/2020 19:41

O deputado de Ciudadanos e portavoz económico, Marcos de Quinto, decidiu abandonar o partido por estar en desacordo coa decisión de C's de apoiar de novo a prórroga do estado de alarma.

A través da súa conta de Twitter, De Quinto explicou que informou á líder do partido, Inés Arrimadas, da súa intención de marcharse "por diferenzas con algunhas decisións", as cales recoñeceu que "son lexítimas e democráticas".

"Desexo o mellor a Ciudadanos, pois sigo crendo que é un partido absolutamente necesario no noso país", sinalou o que foi unha das fichaxes estrela de Albert Rivera para as eleccións do 28 de abril.