CRTVG

Buscar

Marcha de Vigo o cruceiro de luxo "Sea Cloud Spirit"

Publicado o 28/08/2021 15:17

A goleta tivo unha despedida de luxo. Non era para menos. As doce en punto abandonaba o estaleiro de Rodman en Vigo, destino Palma de Mallorca.

Porque a súa fabricación durou demasiado por mor dos problemas financieiros dos seus constructores. Logrou o contrato un estaleiro de Marín en 2008 e en 2015 trasladouse ata este de Vigo para finalizar o buque. A iso hai que sumarlle a pandemia que retrasou a súa entrega.

E houbo ocasión. O capitán deste barco izou varias velas en agradecemento a todas aquelas persoas que seguiron a súa estela polo mar pero tamén por terra. Un cruceiro de 138 metros de eslora e 17 de manga e cunha propulsión híbrida, diésel e eléctrica que lle permite acadar máis de 14 nudos.

Abordo vai só a súa tripulación. Chegarán a Mallorca o 3 de setembro e alí realizarase unha cerimonio de inauguración coa infanta Elena como madriña. Despois partirá a Roma onde fará o seu cruceiro inaugural de 8 días polo Mediterráneo.

Volverá a Vigo o vindeiro ano porque ese cruceiro de luxo surcará os mares de todo o mundo.

Noticias web

28/08/2021