CRTVG

Buscar

O Lugo presenta o central Marcelo Djaló

Publicado o 28/08/2019 16:29

O Dépor visita o Raio Vallecano o domingo ás 6, e á mesma hora o Lugo recibe o Alcorcón no Anxo Carro. E xa poderá contar con Marcelo Djaló. O central foi presentado esta tarde despois de desvincularse do Fulham inglés. Eloy Jiménez pensa que seguen faltando alomenos dúas fichaxes máis.

Dous anos despois Marcelo Djaló volve ao Lugo, a un equipo que lle resulta familiar.

Marcelo: "Hai veteranos aquí que nunca se retiran e, si, moi contento de estar aquí".

Recupera o seu querido dorsal catro, que xa lucía con Luis César. O central, de 25 anos, era agardado como auga de maio.

Marcelo: "Sabía que estaban moi necesitados nesta posición, intentarei estar o antes posible".

Aínda buscará outro central o Lugo de aquí ao luns.

Mandiá: "É unha posición que queriamos apuntalar. Tamén estamos buscando un xogador de banda", e engadiu: "Eu non quería estar ata as doce da noite o luns. Prefería tomar unha cerexa".

Haberá que espremer o mercado ata última hora.

 

Noticias web

28/08/2019