CRTVG

Buscar

Marcelino é cuestionado tras a derrota do Valencia ante o Sporting na Copa do Rei

Publicado o 09/01/2019 10:08

Onte comezou unha nova eliminatoria da Copa do Rei. Oitavos de final. 16 equipos en liza no torneo do KO. E onte, no partido que abría esta semana de Copa, evidenciouse que o Valencia de Marcelino segue en crise. E que hai xogadores que están de paso e non van continuar no conxunto che. O caso máis evidente é o de Batshuayi. Vexan o gol falla nese man a man co porteiro do Sporting. O dianteiro podería deixar o Valencia neste mercado invernal.

No minuto 34 adiantouse o Sporting. A xogada nace na banda esquerda e o que marca tras o centro é Javi Noblejas. Minuto 34.
Xusto antes do descanso, o Valencia acadaría o empate nesta acción. O lategazo de Gameiro acaba dentro da portería. Ese balón traspasa a liña de gol. O VAR acabou por demostrar que o gol era válido.

E no minuto 79 chegou o segundo do Sporting. Outro centro lateral e agora o que remata anticipándose a Domenech é Blackman. A eliminatoria resolverase dentro de sete días en Mestalla pero a derrota proe en Valencia. Marcelino está na corda frouxa e pide fichaxe na dianteira.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019