CRTVG

Buscar

Marca histórica de voto por correo en Galicia: xa votaron 63.200 persoas

Publicado o 09/07/2020 18:49

As oficinas de Correos estarán abertas ata as dúas da tarde de mañá venres para os que solicitaran o voto postal. Ademais de en sedes de Correos, os electores poden entregar o sobre co seu voto ao carteiro no mesmo momento en que este lles entrega a documentación electoral e recibirán un xustificante. Esta é unha das medidas extraordinarias que se puxo en marcha pola covid-19.

Nestas eleccións autonómicas xa votaron 63.200 persoas por correo. É unha cifra récord que vai continuar medrando ata mañá venres.

 

 

 

Noticias web

09/07/2020