CRTVG

Buscar

Récord nas lonxas galegas ao superar os 500 millóns de euros de facturación

Publicado o 14/02/2018 21:13

• Feijóo felicitou o sector da pesca por apostar pola calidade

• Trátase do mellor exercicio da serie histórica nas tres provincias

As lonxas galegas bateron o ano pasado a súa marca de facturación ao superar a barreira dos 500 millóns de euros. O presidente da Xunta dixo que este dato, xunto co da produción de carne, do viño ou do leite, demostra que o 2017 foi dos mellores para o sector primario.

Arredor de 1.500 persoas traballan no marisqueo na ría de Noia, onde o protagonista é o berberecho. Aquí recollen máis do 70% de toda Galicia. A campaña remata en marzo pero as contas da confraría, con dezaseis millóns de facturación, xa apuntan a cifras récord. O que si está pechado é o balance de vendas de peixe e marisco no 2017, e, segundo datos da Xunta, foi o mellor exercicio da serie histórica nas tres provincias.

Alberto Núñez Feijóo felicitou o sector da pesca por apostar pola calidade e dixo que o Goberno galego seguirá traballando na mellora da depuración das augas desta ría.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018