CRTVG

Buscar

Mar di que aínda hai marxe para mellorar a repartición de cotas que se negocia en Bruxelas

Publicado o 17/12/2019 20:37

Non hai de momento moitos avances para Galicia nas negociacións das cotas pesqueiras en Bruxelas. O Consello Europeo ofreceu suavizar os recortes para a pescada do sur, e deixar como está a cota do xurelo. É unha proposta que non foi aceptada. A conselleira do Mar asegura que aínda hai moita marxe para achegarse aos obxectivos que reclama Galicia.

No primeiro documento que se presentou esta mañá había algunhas melloras para dúas especies importantes para Galicia fronte ao suxerido inicialmente pola Comisión Europea. No caso da pescada sur, pasaba duns recortes do 20% ao 10%, e no xurelo sur, da zona nove, eliminábase a redución recomendada do 50% a deixar a cota como está na actualidade. Non presentaba modificación na pescada do Gran Sol.

A proposta non foi aceptada e a conselleira do Mar asegurou que aínda hai moita marxe para achegarse aos obxectivos propostos por Galicia, que rexeita calquera recorte nas cotas destas especies.

Noticias web

17/12/2019