CRTVG

Buscar

Mar destinará a meirande parte dos seus orzamentos a mellorar a competitividade do sector

Publicado o 29/10/2019 21:02

A Consellería do Mar contará o ano que vén cun orzamento de preto de 167 millóns de euros, o dobre ca no ano 2015.

Rosa Quintana dixo na cámara galega que o obxectivo é que o sector sexa cada día máis sustentable e máis competitivo; de feito, a meirande parte dos orzamentos van destinarse á mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura e a melorar o sector da transformación e da comercialización.

Os grupos da oposición coincidiron en que os orzamentos son escasos e que non servirán para solucionar os problemas do sector.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/10/2019