CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

'Mar adiante': María Victoria Moreno nos seus libros

Publicado o 03/05/2018 17:09

María Victoria Moreno convértese nunha escritora galega en 1973, cando irrompe na literatura infantil con 'Mar Adiante'.

Este libro, inicialmente publicado por Edicións do Castro, con ilustracións propias, e agora editado por Xerais, narra a historia dunha profesora, coma ela, que embarca os rapaces dunha escola no barco Arroás. Tivo grande impacto na prensa e Moreno pasou a ser unha pioneira da literatura infantil e xuvenil.

É doado identificar a mestra do libro, cos seus presupostos pedagóxicos e a loita por un ensino mellor e galego.

No franquismo deu algunhas clases na nosa lingua, malia non estar autorizadas, e foi voluntaria, xa fóra das aulas. Todo isto tivo consecuencias. Como represalia, retíranlle o pasaporte en 1974.

Zigzag Diario

03/05/2018