CRTVG

Buscar

Manuel Rey: "O que ocorra co 'brexit' é impredicible porque se están cambiando continuamente as regras do xogo"

Publicado o 11/10/2019 11:06

Na Toxa estase celebrando a XXII edición do Foro de Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas. Esa segunda xornada está dedicada, en boa medida, ás consecuencias que pode ter a saída do Reino Unido da Unión Europea.

Manuel Rey, presidente do foro, asegurou no Bos días que o que pase "estano dicindo os expertos, pero é bastante impredicible porque se están cambiando continuamente as regras do xogo".

Na entrevista indicaba que, por exemplo, nun dos relatorios, o presidente de Anfaco explicaba que "para os negocios é moi mala a indecisión. A saída do Reino Unido xa é mala de por si, pero a indecisión é, quizais, aínda máis grave, porque impide que flúan os negocios".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí