CRTVG

Buscar

Manuel Mosquera: "O meu obxectivo é estar onde estou"

Publicado o 12/06/2019 20:29

Unha das razóns pola que o Deportivo xoga a promoción é a vitoria do Estremadura en Cádiz. 

"A forma de respectar a competición e a todo o mundo, incluído o Cádiz, era buscar a vitoria. E conseguímolo. Doado non era porque o Cádiz poñía moito en xogo, pero conseguímolo e estamos moi orgullosos de que nos nomeasen no fútbol español como un exemplo", dixo o adestrador do Estremadura, Manuel Mosquera.

Manuel colleu o Estremadura en postos de descenso. Salvouno despois de sumar 30 puntos nos últimos 15 partidos.

"Eu estou feliz polo que decidín, por onde estou. O importante na vida é que o que decidas o consigas a través do traballo e reforzar iso", asegurou o técnico coruñés.

En Estremadura, Manuel é moi querido. Xogou alí trece temporadas e é o máximo goleador da historia dos clubs de Almendralejo.

"Estou no Estremadura feliz. Almendralejo é a miña casa. É unha marabilla. Conseguimos unha cousa moi grande coa afección, co pobo unido. Máis bonito do que fixemos é imposible. O meu obxectivo é estar onde estou e facelo moi ben", comentou Manuel Mosquera.

Manuel, de 50 anos, acaba contrato en 2021.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019