CRTVG

Buscar

Manuel López-Rivadulla: "A fiabilidade dos test de drogas nas estradas é moi alta"

Publicado o 22/03/2019 10:53

O catedrático de Toxicoloxía Forense da Universidade de Santiago, Manuel López-Rivadulla, (Lugo, 1949) asegura que as probas que se realizan na estrada teñen detrás un estudo moi exhaustivo para facelas fiables, pero que ademais son só indiciarias e por iso se toma unha segunda mostra biolóxica para que o laboratorio confirme o positivo que se obtivo na estrada. Non obstante, esa confirmación prodúcese no 99% dos casos, afirma.

Dependendo do tipo de substancias a detección pode variar, pero sempre se trata de consumos recentes ao test. De todos os xeitos, "a lexislación española é moi clara, tolerancia cero das drogas na condución", asegura López-Rivadulla. 

Nos laboratorios da USC de Ciencias Forenses realízanse as contramostras de sangue que o condutor ten dereito a solicitar cando dá positivo nun test na estrada. O cánnabis, seguido da cocaína, é a substancia que con máis frecuencia se detecta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/03/2019