CRTVG

Buscar

Manuel López lembra a súa historia no libro 'Memorias dun neno telegrafista'

Publicado o 11/01/2019 13:29

Canto tempo hai que non escriben una carta? Seguro que mesmo lles custa lembralo. Quen o diría, cando non hai tantos anos era o xeito de comunicarse. E lembran aqueles tempos en que para mandar mensaxes, aínda que fosen de amor, había que contarllo a alguén para que nolo telegrafase? Qué tempos aqueles! Agora todo é máis rápido e xa case nada privado. Volvemos a mirada atrás para falar con Manuel López Méndez.

Manuel é empregado de Correos xubilado, logo dunha vida plenamente dedicada; empezou a traballar aos 13 anos. Despois aprobou unhas oposicións e de Sarria trasladouse a Santiago. Máis de 30 anos traballou en telegrafía.

Manuel cóntanos cómo era aquel sistema de telegrafía; todo chegaba tamén case no momento pero a xente tiña que contarlle as noticias ao telefrafista para que as puidese transmitir. Manuel lembra que algunhas eran simpáticas ou de amor, boas noticias e malas noticias. Tamén lembra o momento en que a xente empezou a mandar cartas. Ese tamén o viviu.

Imaxinen como ve agora Manuel isto das novas tecnoloxías!

O vello telegrafista decidiu deixar a súa historia por escrito e presentouse á primeira convocatoria de axudas á investigación de Correos. E recibiu un premio. Agora vanlle publicar 'Memorias dun neno telegrafista', e van sacar, en principio, 2.000 exemplares.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019