CRTVG

Buscar

Bos días

Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo

Publicado o 23/03/2018 09:30

O alcalde de Xinzo presentou a sua dimisión despois da súa condena e a oposición aféalle que "chega tarde e mal".

O seu cargo ocuparao de xeito provisional o ata agora tenente de alcalde, Manuel López Casas.
Antonio Pérez, que xa non asistiu a este pleno celebrado onte, alegou motivos persoais para deixar o cargo.

A dimisión do rexedor chega tres semanas despois da publicación da sentenza que o condena a oito anos e medio de inhabilitación para emprego ou cargo público por consideralo autor dun delito continuado de prevaricación na contratación de varios traballadores para o Concello.
Antonio Pérez deixou o Partido Popular coa apertura do xuízo oral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

23/03/2018