CRTVG

Buscar

Manuel Lago asume o cargo de portavoz parlamentario de En Marea

Publicado o 02/07/2019 15:20
Manuel Lago asume o cargo de portavoz parlamentario de En Marea

O independente Manuel Lago (Vigo, 1956) exerce desde esta martes como único voceiro parlamentario do grupo de En Marea no Hórreo, mentres que os actuais vicevoceiros, Antón Sánchez (Anova) e Carmen Santos (Podemos) manterán os seus cargos polo momento.

Lago é economista, licenciado na Universidade de Santiago de Compostela e próximo á Esquerda Unida, e segundo confirmaron a EFE fontes do grupo exercerá como voceiro do grupo ata o fin da investidura.

Desde 2013 é membro do gabinete confederal de CC.OO. e participou na elaboración do programa electoral co que En Común Unidas Podemos concorreu ás eleccións xerais de abril de 2019.

O pasado mes de xuño o que era voceiro do grupo, Luís Villares, e outros tres deputados afíns decidiron pasar ao Grupo Mixto deixando con 10 deputados en lugar de 14 o que ata ese momento era o prinicipal grupo da oposición, que agora pasa a ser o socialista.

 



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí