CRTVG

Buscar

Manuel Jabois presenta a súa novela Malaherba en Santiago

Publicado o 04/07/2019 22:00

Dous nenos que viven unha extraña e solitaria historia de amor. Diso trata Malaherba, a nova novela do xornalista e escritor pontevedrés Manuel Jabois.
A librería Cronopios de Santiago de Compostela quedouse pequena para acoller a súa presentación. Nunha charla moi distendida e con moito sentido do humor, mergullámonos neste libro que xira en torno aos descubrimentos que calquera pode experimentar na infancia. Medo e amor, son as palabras que poden definir esta novela que conta cun final aberto que deixa ao lector coa mente vagando cara a imaxinación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019