Manuel Darriba: "Son un escritor realista: hai problemas peores que a covid, entre outras cousas porque van durar moito máis"
Publicado o 12/03/2021 17:28
'A realidade', Ed. Xerais, sitúanos nun escenario apocalíptico dominado pola guerra de clases e a catástrofe climática.
Darriba compón unha sinfonía en aparencia demencial, pero cunha marcada precisión no relato. A narración fragméntase e móvese na fronteira de xéneros como a novela negra, a linguaxe teatral ou a poesía.