CRTVG

Buscar

Manuel Castells reaparece para explicar os protocolos do novo curso académico

Publicado o 03/09/2020 15:10


Preservar a saúde de alumnos e docentes, e intentar a presencialidade total son os principais obxectivos do Ministerio de Universidades. Manuel Castells reaparecía tras a súa operación nunha reunión telemática coa Conferencia de Reitores para coordinar as medidas do novo curso académico. O millón e medio de universitarios españois deberán levar máscara en todo momento e gardar a distancia de seguridade de metro e medio. Cando non sexa posible, recorrerase ás clases virtuais.

Aos reitores preocúpaos especialmente a situación dos alumnos que se estrean na Universidade.

Os alumnos da Universidade Pública de Navarra foron hoxe os primeiros en regresar ao campus para inaugurar este curso incerto.

Noticias web

03/09/2020