CRTVG

Buscar

Manuel Bouza: "Se temos que ir a Madrid os camións non van volver a Galicia sen unha resposta"

Publicado o 20/08/2019 10:34

Tras catro meses sen actividade os transportisas que levan carbón á central térmica das Pontes calculan que levan pedirdos uns oito millóns de euros. No Bos Días, o respesentante dos máis de 130 camioneiros que realizan esta actividade, Manuel Bouza, asegurou que entre as novas mobilizacións contemplan reunións con todos os organismos oficiais, concellos, Xunta e Goberno Central. "Aprobamos pecharnos en varios concellos e volver a Madrid cos camións", asegurou Manuel Bouza.

"Nós levamos catro meses pelexando con isto para que se nos diga algo, e agora sabemos menos que hai catro meses. Agora si que nos van dicir algo: que se vaia cada un para a súa casa ou unha proposta de traballo, porque é imposible seguir aquí esperando o que poida pasar", afirmou. "O que queremos é que digan que vai pasar con isto, o tempo que hai que agardar, se isto vai volver andar".

Desde o grupo de transportistas afectados queren implicar a outros sectores da sociedade na súa batalla: "Eu creo que está tan afectada a comarca e toda Galicia, como o está todo o mundo do camión. E o que queremos que a xente das Pontes e da comarca digan algo e non sexan só os camioneiros".

O calendario de novas mobilizacións xa o teñen aprobado: "O primeiro que imos facer é volver convocar aos alcaldes que xa estiveron aquí, e algún máis que queira estar, porque eles son os que teñen que defender esta comarca. A política tense que meter nisto. Porque isto non é só Endesa. Detrás de Endesa van vir outras empresas". E "se temos que ir a Madrid -como xa fixeron o mes pasado-, porque non temos antes ningunha noticia, os camións non van volver a Galicia sen unha resposta", concluíu.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí