CRTVG

Buscar

Manu Viqueira vive días de éxito tras realizar o último videoclip de Green Day

Publicado o 21/01/2017 15:00

Vive nunha axitación permanente desde o 17 de outubro. Ese día recibiu un correo do supervisor xefe de videoclips da Warner

Manu Viqueira vive nunha axitación permanente desde o 17 de outubro. Ese día recibiu un correo do supervisor xefe de videoclips da Warner. O texto incluía unha pregunta moi directa: interesaríache facer o próximo vídeo de Green Day?

Devin Sarno deulle liberdade creativa total. O vídeo debía xirar arredor dos dereitos civís e da vitoria electoral de Donald Trump. Manu estudou historia americana, visionou documentais e seleccionou entre centos de imaxes para construír unha narración de tres minutos coa técnica de animación collage.

O vídeo da banda californiana leva máis dun millón e medio de reproducións en youtube. Manu Viqueira vive nunha voráxine de felicitacións constantes.

A repercusión de Troubled Times traduciuse en novas ofertas de traballo. A Manu ilusiónao especialmente a proposta dun grupo punk español, que quere o seu talento para crear o seu próximo videclip.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/01/2017