CRTVG

Buscar

Manu Sánchez: "Sabemos cal é o noso lugar na categoría"

Publicado o 04/11/2019 17:08

E na oitava xornada de liga espertou o Deportivo feminino do seu soño. Visitaba o Atlético de Madrid, o campión, un equipo que xoga en Europa, e perdeu. Perdeu por goleada, con erros puntuais pero sen complexos.

O Atlético mostrou que ten un ritmo de competición superior. A central María Mendez marcou o tanto do Deportivo, que non caía desde marzo de 2018.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2019