CRTVG

Buscar

Manu Sánchez: "Os reis estanse portando bastante ben"

Publicado o 04/01/2020 13:21

O Deportivo Abanca volve a xogar o luns contra o Valencia. Manu Sánchez recupera xogadoras aínda que non poderá contar coas dúas últimas fichaxes, as colombianas Lorena Bedoya e Carolina Arbeláez. Para o adestrador o parón favorece a un rival que encadeaba seis xornadas sen gañar. 

Manu Sánchez: "O parón a priori veulles bastante mellor a elas que a nós. Onte incorporáronse aos adestramentos tanto Silvia Mérida como Patri Díaz. Só estamos agardando por Miriam e por Miralles que o farán a semana que vén. Nese sentido os Reis estanse portando bastante ben".
 

Noticias web

04/01/2020