Manu Sánchez despídese do Dépor Abanca mentres se fai oficial a chegada de Miguel Llorente como novo técnico
Manu Sánchez non vai seguir á fronte do Deportivo Abanca. O adestrador asúmeo, pero cre que os tempos non foron os adecuados: "Coido que o que toma a decisión se equivoca moito nos tempos".
"A explicación que me dan é que queren dar un cambio", explicaba Sánchez sobre os motivos da súa saída.
Mentres, o Dépor ABANCA facía oficial a chega do seu substituto, Miguel Llorente. O madrileño chega do filial do Barça feminino. Como segunda terá á redondela Ana González Rivera
"Que o collan con cariño, que intenten facelo do mellor xeito posíbel e oxalá teñan a oportunidade de vivir o que eu vivín aquí como adestrador", dicía Manu Sánchez sobre o novo encargado de coller o equipo.
Ademais, Barros Botana deixará de ser o delegado do Deportivo. Levaba 30 anos no cargo. Xubilación merecida.