CRTVG

Buscar

Bos días

Manu, primeiro xogador do Lugo que chegará a 50 partidos na Segunda

Publicado o 02/10/2013 09:54


O Lugo tamén volveu ao traballo semanal esta tarde. O Lugo xogará o domingo na cidade deportiva do Real Madrid. Lembren que o filial branco pecha a clasificación. Nese encontro, se xoga, e o normal é que si, Manu fará cincuenta partidos co Lugo na Segunda división. E todos de xeito consecutivo. A temporada pasada xogouna completa e nesta aínda non se perdeu un minuto; algo difícil, pois é un defensa. Pero nin por lesións nin por sancións Manu deixa a titularidade. É un xogador fixo para Quique Setién.

Manu sinala como o seu partido máis especial "o da estrea na Segunda, contra o Hércules, e con gol"; sobre o seguinte rival na Liga do Lugo, o Real Madrid Castela, di que agarda que non sexa o domingo cando rompa a súa mala xeira de sete derrotas seguidas.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

02/10/2013