Manu Barreiro outorga tres puntos merecidos ao CD Lugo o día que cumpriu 100 partidos como albivermello
Publicado o 09/10/2021 17:27
Importantísima vitoria a desta tarde contra o Xirona. Logo de toda a semana con molestias, Manu Barreiro non puido ser titular.
Pero o dianteiro entrou a tempo para cazar un balón morto á saída dun córner, e marcar o único gol cando so faltaban cinco minutos. E todo no seu partido número cen coa camiseta do Lugo. Tarde redonda no Anxo Carro, onde ademais se recadaron 8.160 euros para os damnificados da Palma.