CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Mantivéronse os prezos no mes de agosto

Publicado o 12/09/2018 15:01

Os prezos mantivéronse no 2,2% en agosto polo custo da luz. En Galicia o IPC do mes pasado foi unha décima máis, 2,3. A suba da electricidade axudou a compensar que o encarecemento dos carburantes fose inferior este mes. Tamén axudou a conter a inflación a baixada de prezos dos automóbiles. Este é o cuarto mes consecutivo en que o IPC se sitúa por riba dos dous puntos porcentuais. Isto non acontecía dende abril do ano pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí