CRTVG

Buscar

Manter a distancia de seguridade comeza a ser complicado nalgúns areais

Publicado o 30/05/2020 14:55

Con temperaturas que roldan os trinta graos nas Rías Baixas e na costa de Lugo, como poden imaxinar, as praias son a primeira opción para poder refrescarse neste sábado nas tres provincias con costa. Estamos na fase dúas e xa hai permiso para bañarse e para tomar o sol pero non para cambiar de provincia. A chegada de turistas tampouco é aínda posible.

Malia todo, hai areais nos que manter a distancia de seguridade non é doado. Están ateigados e aínda non se puxeron en marcha as medidas de control. Así que unha vez máis cómpre apelar á responsabilidade individual para evitar que gozar dun día de praia poida estragar a boa evolución epidemiolóxica que se está a rexistrar nestes días e que con tanto esforzo logramos acadar.

 

Noticias web

30/05/2020