CRTVG

Buscar

Mantéñense os sabores do Nadal, malia os tempos de pandemia

Publicado o 08/12/2020 21:14

Enchen estes días as vitrinas das pastelerías. Pastas de guinda, froitas escarchadas, polvoróns, figuras de mazapán e... os turróns. Todo elaborado artesanalmente. Malia que serán unhas festas diferentes, o sector agarda que a demanda se manteña.

Tampouco mudan os gustos do consumidores.

Nesta pastelería este ano ampliaron a listaxe de doces de Nadal cun panetone de receita propia e elaboración artesanal que é amais unha iniciativa solidaria. A etiquetaxe conta coa colaboración dos usuarios de APEM, Asociación Pro Enfemos Mentais da Coruña, e parte do recadado coa venda vai destinado a esta entidade.

Semella que os sabores do Nadal vanse manter malia os tempos de pandemia.

Noticias web

08/12/2020