CRTVG

Buscar

Mantense estable o gromo de Castro de Ribeiras de Lea con seis casos positivos

Publicado o 12/08/2020 15:06

A situación mántense estable en Castro. Ningún novo positivo dende os notificados onte. 

O polbo fervía nas potas esta mañá para a tradicional feira semanal. Con menos xente, pero é que o tempo tampocu animaba.

O grupo de 50 xornaleiros permanecen illados en corentena, ben por residir no mesmo edificio que os positivos ou por compartir o transporte que os leva ao traballo.

O Sergas está a realizar probas a 150 xornaleiros aínda que non traballasen no mesmo invernadoiro que os positivos, nin compartisen a mesma residencia. É posible que tamén sometan ás probas os demais traballadores da empresa de cultivo de froitos vermellos.

En Galicia, mantéñense estables os dez gromos da área sanitaria de Vigo, o máis importante o de Gondomar onde sete persoas que participaron nunha xuntanza de amigos deran positivo.

En Ourense son nove as repuntas activas tras a detección este martes dun novo gromo na capital da provincia. Trátase dun matrimonio e da súa filla.


 

Noticias web

12/08/2020