CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Serán

Mantense en Galicia a prealerta por seca durante o mes de setembro

Publicado o 01/09/2017 20:46



Falamos agora da seca que padece Galicia coa ausencia de precipitacións. A Oficina Técnica da Seca reunida hoxe decidiu manter a prealerta por seca, e cúmprense así dez meses nesta situación, e non elevala ao nivel de alerta. Os nosos encoros atópanse en niveis máis baixos dos habituais nesta época do ano. Patricia Vilar está na presa de Cecebre.

Esta demarcación hidrográfica Galicia Costa que abastece a franxa atlántica xunto coa conca do Miño-Sil reuníronse este mediodía con técnicos da Xunta e Meteogalicia. Valorábase subir o nivel de alerta pola seca pero finalmente, e grazas en parte ás fortes chuvias desta semana, acordouse manter o nivel de prealerta que xa foi activado hai dez meses. O 30 de setembro volverase repetir a reunión para ver como se comporta este mes que acabamos de comezar en canto ás precipitacións. Coñecemos deseguido datos máis concretos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí