CRTVG

Buscar

Mantense a rivalidade entre os socialistas aspirantes a presidir a Deputación de Lugo

Publicado o 11/06/2019 16:21

Mantense a rivalidade entre os socialistas aspirantes a presidir a Deputación de Lugo, Darío Campos e José Tomé. Campos evita falar da pugna mentres Tomé vai recadando apoios.

O alcalde en funcións de Monforte non dá o brazo a torcer. O socialista José Tomé quere ser presidente da Deputación de Lugo en substitución do seu compañeiro Darío Campos. Malia todo, desmárcase dos movementos que está habendo nas comarcas para elixir os deputados socialistas.

Darío Campos xa manifestou que quere seguir sendo presidente e busca tamén apoios nas comarcas. A última palabra vaina ter a dirección federal do PSOE.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019