CRTVG

Buscar

Mantense a preocupación no sur de Pontevedra polo baixo nivel dos encoros

Publicado o 14/11/2017 14:09

A situación dos encoros preocupa moito no sur da provincia de Pontevedra. As dúas presas que abastecen Vigo están ao 40% da súa capacidade. Dende o 6 de outubro a comarca está en situación de alerta e o concello activou o plan de urxencia o día 27. E segue sen chover. Se a cousa segue así, no mes de decembro só se podería garantir a subministración para 70 días. 

Co ceo solleiro e pouca previsión de chuvia, no sur da provincia de Pontevedra enfocan a súa atención nos encoros. Os que abastecen Vigo están ao 40% da súa capacidade. Esta é a imaxe que amosa o de Eiras.

Dende o dous de outubro a comarca de Vigo está en situación de alerta, e dende o 3 de novembro tamén o está a ría de Pontevedra. O río Lérez leva un caudal que se corresponde co 95% menos do que é habitual. 

Os concellos, como moitos veciños, xa están a aplicar medidas para reducir o consumo de auga para tratar de maximizar a duración da auga dos encoros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017