CRTVG

Buscar

Mantense a folga do persoal de terra de Iberia no aeroporto do Prat de Barcelona

Publicado o 22/08/2019 18:34
Mantense a folga do persoal de terra de Iberia no aeroporto do Prat de Barcelona
A mediación entre o persoal de terra de Iberia e a dirección da empresa acabou sen acordo, polo que se manteñen os paros convocados polo persoal o sábado 24, o domingo 25, o venres 30 e sábado 31 de agosto no Aeroporto de Barcelona-O Prat.
 Esta era a segunda mediación celebrada na Conselleria, despois da do martes e que empezou sobre as 11.00 horas e estendeuse durante a tarde, e as citadas fontes explicaron que a vontade é a de continuar coas negociacións. O persoal de Iberia Barcelona é duns 2.700 traballadores, que se encargan da facturación, o embarque, a carga e descarga, a asistencia e o mantemento aos avións, e dan servizos a unha vintena de compañías, entre elas, Vueling.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí