CRTVG

Buscar

Mantense a alerta laranxa en todo o litoral, con ondas de altura superior aos oito metros e medio

Publicado o 17/02/2020 14:37

O aviso laranxa manterase en todo o litoral galego polo menos ata mañá ás 12 do mediodía. A altura media das ondas máis elevadas que se rexistraron ata o de agora supera amplamente os sete metros de altura, e en zonas como cabo Vilán ou Estaca de Bares superaron os oito metros e medio. Desde Meteogalicia, Alberto Romero explica que o mar continuará complicado os vindeiros días debido á borrasca Dennis.

Podería subir porque a pesar de que a influencia anticiclónica parece impoñerse en Galicia, a situación é bastante variable, e non está claro que as altas presións sexan quen de bloquear unha nova borrasca que se albisca para o xoves. Así que haberá que agardar ata ese día, entre nubes e claros, para comprobalo. Do que non hai dúbida é da baixada de temperaturas que esta mesma noite rexistrarán os termómetros.

"Van baixar bastante na vindeira madrugada, con aire frío en altura que traerá algunha xeada, e a influencia anticiclónica clara non será ata o venres", indica o meteorólogo.

Tempo variable que, probablemente, poña na media as temperaturas de febreiro, ata o de agora máis cálidas do que é normal nesta época do ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020