CRTVG

Buscar

Mantéñense as restricións sanitarias en Ames pola incidencia do virus no Milladoiro

Publicado o 09/10/2020 15:17

Tamén se manteñen as restricións no concello pontevedrés de Marín, o único desa provincia que está en vermello no mapa da covid-19 da Xunta.

Nese mapa, tamén aparece en vermello o concello coruñés de Ames, pola incidencia do virus nunha das súas localidades: a do Milladoiro, que está pegada a Santiago.

Os veciños recoñecen que non están sorprendidos, porque hai xente que segue sen cumprir coas restricións.

Noticias web

09/10/2020