CRTVG

Buscar

Mantén aberta unha taberna en Culleredo e xustifícao dicindo que é "unha tenda de alimentos"

Publicado o 24/04/2020 19:45
Mantén aberta unha taberna en Culleredo e xustifícao dicindo que é "unha tenda de alimentos"

A Garda Civil localizou unha taberna aberta ao público no municipio coruñés de Culleredo, a pesar de estar prohibida a súa actividade pola pandemia do coronavirus.

Os feitos ocorreron cando a Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil da Coruña realizaba controis de vixilancia para o cumprimento do real decreto que determina o estado de alarma, que restrinxe a apertura de determinados establecementos.

Ao localizar a taberna, os axentes preguntáronlle ao dono do local os motivos da apertura e este manifestou que "é unha tenda de alimentación".

Con todo, os efectivos observaron que dentro do establecemento había unha máquina expendedora de tabaco así como unha máquina cafeteira de hostalería e andeis con bebidas alcohólicas, afirman desde o Instituto Armado nun comunicado.

Por iso, o dono do establecemento foi informado de que os feitos serían postos en coñecemento da Subdelegación do Goberno por vulnerar o establecido no Real Decreto 463/2020, que non permite a apertura dos establecementos de hostalería