Mañón, o concello coa incidencia máis alta de Galicia
O alto número de contaxios baleira as rúas do concello de Mañón, pecha a hostalería e xera preocupación na veciñanza.
"Non entendo, parecía que estabamos libres de todo e aparece todo isto".
Ata o de agora lograran capear o temporal. Superaron o verán con cero casos sen deixar de recibir os moitos turistas que se achegan a coñecer o seu tradicional porto pesqueiro.
"Mira que veu xente de fóra e nada ningún caso, e agora dun dia para outro disparáronse, hai 52 casos e xente confinada á espera da proba".
Pero co Nadal disparáronse os contaxios e agora teñen a incidencia por covid máis alta de Galicia.
"Veu un rapaz de Madrid ver os avós, aí empezou, logo foron uns cantos a unha comida ao Vicedo de aí viñeron todos, uns con outros".
Estrean peche permitral e agardan que se faga un cribado que permita detectar os casos asintomaticos.