CRTVG

Buscar

Manolo Paz expón en Madrid 'Mundos de pedra'

Publicado o 09/09/2021 16:21
Manolo Paz expón en Madrid 'Mundos de pedra'

O escultor cambadés Manolo Paz acaba de inaugurar, en Madrid, unha nova exposición. 'Mundos de pedra' forma parte da edición número 12 do Apertura Madrid Gallery Weekend, unha cita na que participan as galerías máis importantes da capital.

O granito e o Atlántico gobernan os procesos e as formas das esculturas de Manolo Paz. Doce obras de gran formato e de distintas épocas conforman estes 'Mundos de pedra'. Unha mostra que se inauguraba esta mañá na galería Ma, unha das salas madrileñas que achegarán a arte contemporánea ao público durante toda a fin de semana. A exposición de Manolo Paz permanecerá aberta ata o 13 novembro.

Noticias web

09/09/2021