CRTVG

Buscar

Manolo Martínez é un dos 250 españois que conseguiron regresar dende O Perú

Publicado o 26/03/2020 21:07

Uns 250 españois chegaron xa a territorio nacional procedentes do Perú, despois de que se xestionara un voo para a súa repatriación. Entre eles, Manolo Martínez, de Monforte. Estaba no país andino visitando a súa filla cando se pecharon as comunicacións aéreas. Ao chegar ao aeroporto coruñés de Alvedro debeu demostrar que a súa residencia habitual está en Galicia.

Son aínda moitos os galegos que dende distintos puntos do mundo tratan de regresar a casa nestas circunstancias. Dende o comezo da crise do Coronavirus o ministerio de Asuntos Exteriores acompañou a repatriación duns 11.000 españois.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020