CRTVG

Buscar

Manifesto da Comisión Feminista do 8-M

Publicado o 08/03/2019 10:01
Manifesto da Comisión Feminista do 8-M

O Manifesto da Comisión Feminista do 8-M opónse ás violencias machistas e denuncia que aínda non existe verdadeira protección fronte ao patriarcado. Piden que se eduque sexualmente cunha idea de diversidade e que se combata o que definen como amor tóxico-romántico.

Tamén queren que os homes asuman o traballo doméstico compartido. Denuncian a desprotección das mulleres inmigrantes irregulares e a existencia de fronteirasn que atribúen ao colonialismo. Neste punto, piden tamén que se derrogue a Lei de estranxeiría e que se pechen os centros de internamento de estranxeiros. Apostan por un modelo económico baseado na sostibilidade e que se afaste do capitalismo. Cren que deben primar os dereitos comunitarios fronte aos intereses individuais e amosan a súa oposición ao que denominan políticas de dereitas.

 

Noticias web

08/03/2019