CRTVG

Buscar

Manifestación en Barcelona contra a sentenza do "procés"

Publicado o 26/10/2019 19:09
Manifestación en Barcelona contra a sentenza do "procés"

Unhas 350.000 persoas, segundo a Garda urbana de Barcelona, manifestáronse esta tarde baixo o lema "Libertade" para mostrar o seu rexeitamento á sentenza do "procés", convocados pola ANC, Òmnium Cultural e outras entidades sociais e culturais. As forzas independentistas, encabezadas polo presidente da Generalitat e o presidente do Parlament, participaron tamén nesta mobilización, que se deu por rematada ás sete da tarde.

Noticias web

26/10/2019