CRTVG

Buscar

Manifestacións feministas históricas: Nova York e Islandia

Publicado o 08/03/2018 15:56

O 8 de marzo foi declarado Día Internacional da Muller pola ONU en 1975. O porqué atopámolo na marcha dun grupo de traballadoras do sector téxtil, que en 1857, en plena revolución industrial, saíron ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións salariais. Distintos movementos sucedéronse desde entón. O punto de inflexión na loita no dereito das mulleres márcao este momento.  

O 24 de outubro de 1975 as islandesas decidiron non ir traballar. Pecharon escolas, fábricas... Paralizouse o país. Nunha multitudinaria manifestación tomaron as rúas e abriron o camiño á igualdade. 

As cousas cambiaron dende entón, pero aínda queda moito camiño por andar. Islandia, con todo, continúa hoxe á cabeza. 

Foi o primeiro país en aprobar unha lei que obrigue a equiparar soldos entre homes e mulleres. Pero hai máis, se a brecha salarial a día de hoxe é en toda Europa de media dun 16,2%, en Islandia apenas supera o 10. En España sitúase entorno ao 15%. E en Alemaña e O Reino Unido os homes continúan cobrando un 21% máis que as mulleres.

Un apuntamento máis. Segundo os datos revelados pola oficina de Estatística comunitaria, por cada dez euros que gaña un home en Europa por unha hora de traballo, unha muller gaña 8,4.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018