Manifestacións en toda España en apoio da vítima da Manada de Manresa
Publicado o 08/07/2019 21:18
Organizacións feministas convocan máis de cen concentracións por toda España en apoio da vítima da Manada de Manresa. A fiscalía acusa os agresores dun delito de abuso pero non de agresión sexual. Asociacións de mulleres de todo o país volven reclamar hoxe que este tipo de feitos son violacións e que só un si explícito autoriza unha relación consentida.